O CHOU reforza as súas medidas para garantir a asistencia contra a gripe A

O Complexo Hospitalario de Ourense vén de reforzar seu Comité de Seguimento da nova Gripe A. Na actual fase de pandemia e cos datos proporcionados polas autoridades sanitarias, que apuntan que esta afectará ao redor dun 25% da poboación, faise necesario un cambio de enfoque na planificación dos recursos sanitarios para garantir a asistencia en situación de sobreaforo.
Deste xeito, o Comité, presidido pola xerente xeral, Eloína Núñez Masid, deixa atrás a etapa de priorización de vixiancia epidemiolóxica, unha vez declarada a pandemia, para centrarse na organización óptima de recursos.

Os datos, tirados dos estudos realizados polo Ministerio e a Consellería de Sanidade, revelan que os síntomas da gripe A son similares, ou incluso mais leves, que os da gripe habitual, non si, a taxa de incidencia da gripe duplicará os rexistrados pola gripe estacional habitual. Esta importante porcentaxe de afectación, xunto os altos índices esperados de absentismo do persoal e frecuentación de pacientes, fai fundamental este traballo de organización preparatoria para garantir o funcionamento do sistema sanitario, e aminorar a súa incidencia na medida do posible, procurando a colaboración de profesionais e usuarios.

Por isto, a partir de agora, o Comité de Seguimento seguirá unhas pautas de actuación, para o diagnóstico e tratamento da nova gripe, que faciliten a correcta asistencia ao paciente, ao tempo que se evita unha sobrecarga das áreas sanitarias. Así, unha vez comprobada o contaxio comunitario da gripe, tan só será necesario realizar a proba diagnóstica aos pacientes que precisen hospitalización. Na mesma liña, e para evitar restar efectividade ao tratamento antiviral só se dispensará medicación a aqueles pacientes que o precisen, en xeral aqueles cuxos síntomas aconsellen o ingreso, ou os que con clínica leve pertenzan a un dos grupos de risco, xa que para o resto dos afectados, con sintomatoloxía común á gripe estacional, o tratamento será o habitual da gripe común.


Te puede interesar