ACORDO INSTITUCIONAL

O Concello asina un convenio con Hijos de Rivera para promocionar Ourense

Trala sinatura dun convenio co Concello que durará tres anos, a compañía organizará actividades socioculturais e turísticas para dar a coñecer a cidade.

O Concello de Ourense e a Corporación Hijos de Rivera subscribiron un convenio de colaboración para fomentar, impulsar e apoiar actividades socioculturais e de promoción turística da cidade de Ourense. O alcalde, Jesús Vázquez, e o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera asinaron este martes o convenio que terá unha duración de tres anos. 

Hijos de Rivera convértese en colaborador institucional do Concello nos eventos e proxectos socioculturais que sexan de interese xeral pola Administración Local. O alcalde aseguro que este acordo "suporá un valor engadido para a promoción e a imaxe da nosa cidade" e recalcou a importancia da implicación privada nas actividades que den a coñecer Ourense  no exterior. 

Te puede interesar