CONCELLO DE OURENSE

O Concello colabora cun proxecto de integración social da Asociación Morea

photo_camera Sofía Godoy visitó las instalaciones de la Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea.

Aporta 23.275€ a Asociación para promover a saúde e a integración social dos enfermos mentais severos e os seus familiares

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitou as instalacións da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea para coñecer o proxecto de Integración social de persoas con enfermidade mental severa e as súas familias, unha iniciativa que busca promover a saúde, benestar e a integración social das persoas afectadas por unha enfermidade mental severa e dos seus familiares, prestándolles apoio a través dos servizos creados ao efecto.

O proxecto conta cunha achega municipal de 23.275€, e aséntase sobre tres piares fundamentais: a información e o asesoramento sobre calquera aspecto relacionado coa enfermidade mental crónica; a creación dunha campaña de información, así como a divulgación e sensibilización da enfermidade con charlas en universidades e centros educativos; e o clube social, onde os usuarios comparten o seu tempo de lecer mediante a realización de actividadades lúdicas proveitosas. 

Un proxecto que conta cunha psicóloga, unha traballadora social, unha integradora social, e 3 monitores. O proxecto é financiado polo Concello de Ourense e por financiación propia da entidade, que realiza as actividades ao longo do ano.

Te puede interesar