CONTRA A LOMCE

Concentración en Ourense contra as reválidas de primaria o 4 de maio

O vindeiro 4 de maio, nos Xardíns Padre Feijóo, está convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público unha concentración contra as reválidas de 6º de primaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público iniciou unha campaña contra as révalidas de sexto de primaria. Un dos obxectivos é a convocatoria de concentracións simultáneas en diferentes puntos de toda Galicia para o día 4 de maio. Ourense é unha das cidades chamadas a secundar esta protesta que terá lugar a partir das 20 horas nos Xardís Padre Feijóo.

Además das concentracións que se levarán a cabo en 10 puntos da xeografía galega, lanzan outras accións coma resolucións nos claustros e consellos escolares contra as reválidas, colocación de pancartas nos centros, concentración o 9 de maio nos centros escolares e unha úilma concentración diante da Consellería de Educación o vindeiro 11 de maio.

Te puede interesar