CAMIÑO DE SANTIAGO

Un convenio axiliza a obra do novo albergue de peregrinos

Concello, Xunta e Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo asinaron este venres o acordo de colaboración entre estas institucións para poñer en marcha este servizo

A construcción dun albergue de peregrinos na rúa da Barreira está cada vez máis perto. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director-xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinaron o acordo de colaboración entre estas institucións para a posta a disposición e posta en funcionamento deste servicio, actualmente ubicado no recinto de San Francisco, que despois será adicado a uso cultural.

Mediante este acordo, as partes poñen a disposición o inmoble sito no número 12 da rúa da Barreira para a súa adecuación. Estará xestionado pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo e as obras contarán cun investimento de preto de 800.000 euros; terá capacidade para 50 prazas, cuartos de duchas e aseos, así como zonas de lavandería, almacén de mochilas e os espazos servidores da xestión do albergue.

Aumento de peregrinos
Segundo o Concello, a instalación é moi necesaria pois só no 2015, foron 8.968 dos máis de 180.000 os peregrinos chegados a Santiago os que elixiron a Vía da Prata, unha cantidade que vai en aumento respecto a anos pasados; en grande medida, polo labor de recuperación e posta en valor dos camiños de Santiago que leva a cabo a Xunta de Galicia.

Te puede interesar