Los presidentes de los consellos reguladores de las distintas denominaciones de origen vitivinícolas de Ourense valoran positivamente la vendimia de este año y muestran su preocupación por el relevo generaciona

Las denominaciones, a examen

Cuando las cuatro denominaciones de origen vitivinícolas de la provincia de Ourense están a punto de cerrar su campaña de la vendimia 2012 -alguna, como es el caso de la de Valdeorras, todavía tiene alrededor de un 20% de uva pendiente de ser recogida-, los presidentes de los distintos consellos reguladores (Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra y Monterrei) hacen un balance positivo e inciden en cuáles son los problemas más importantes a día de hoy. Entre ellos, el más destacado es el de la falta de relevo generacional, que preocupa de forma importante a la práctica totalidad de denominaciones.
Otro de los puntos en los que coinciden los presidentes de los cuatro consellos reguladores es la necesidad de que el nuevo gobierno gallego que salga de las urnas este domingo apueste por el sector del vino y por la marca Galicia, de forma que ésta ampare a todas la denominaciones y abra mercados a los vinos elaborados en cada una de ellas.

En cuanto a la vendimia de este año, ha sido corta, aunque menos de lo esperado, e incluso en Monterrei superará la media anual.
Miguel Ángel Viso:

“O escumoso é a nosa aposta cara ó futuro”

1.-A vendima comezouse a mediados do mes de setembro moi timidamente coas variedades e viñedos máis temperás, pouco a pouco o ritmo de recollida foise incrementando, colleitando o 85 % do 28 de setembro ao 7 de outubro, para finalizar o 11 de outubro coas variedades e viñedos máis tardíos. A colleita deste ano ascendeu a 12.800.000Kg de uva, nos que tan solo 798.000kg corresponderon a variedades tintas. O que supón un incremento do 5% nas previsións de colleita, debido ás choivas que precederon á vendima.

2- Temos un gran produto, de gran calidade e competitivo, que ademais atópase nunha liña de crecemento moi positiva. É por esto, que agora a nosa labor promocional ten que ampliarse, e incluir ao público final. O noso obxectivo é poder proxectar ao consumidor a realidade que está a vivir a nosa Denominación de Orixe, en evolución continua.

3- O noso gran mercado segue a ser Galicia, pero imos incrementando, ano tras ano, a presencia nas principais cidades españolas. Madrid e Barcelona seguen a ser a nosa aposta no mercado nacional; á que estamos a incorporar nos últimos tempos a franxa norte da península e o Levante.
En comercio exterior, onde tamén nos atopamos nunha fase de crecemento, EE.UU. e Alemania seguen a ser as nosas referencias.

4- No novo regulamento, aínda en fase de aprobación, recóllense as novas elaboracións acollidas á nosa Denominación de Orixe. Entre elas, estaría o escumoso do Ribeiro.

5- Apoio a unha Denominación de Orixe histórica, a primeira de Galicia. A un sector cada día máis profesionalizado e a un produto que está a acadar a súa fase de madurez, con umbrais de calidade moi elevados, e apreciado polo mercado nacional e internacional. Solicitamos unha aposta polo noso proxecto, para potenciar a marca Ribeiro, así como a marca Galicia, sempre, insisto, nun contexto de colaboración. Solicitamos unha aposta polo noso proxecto, para potenciar a marca Ribeiro, así como a marca Galicia.

José Luis García Pando:

“A deste ano estase a converter nunha vendima longuísima”

1.-A maior parte do tempo non houbo auga pero despois choveu e estase convertindo nunha vendimia longuísima. Outros anos duraba menos de mes e medio, pero iste ano xa vai para dous meses de recolkuda de uva dende que escomezou. As viñas estaban retrasadas e houbo que esperar a que as uvas, sobre todo as tintas, collesen grado. En total serán aproximadamente 5,2 millóns de kilos o que calculamos que recolleremos na presente campaña de vendima, inferior á do ano pasado. Aínda quedan sete bodegas abertas, pero o que resta por vendimar pode ser en torno a un dous por cento do total.

2.- O relevo xeracional é un problema a nivel de cooperativistas. Se empezan a xubilar os socios e as viñas se abandonan e non ten xente que se faga cargo delas. En canto ós prezos e a súa homologación, houbo un par de anos nos que se fixaron para todolos viticultores, pero é complicado poñer dacordo ás adegas e a maior producción é a das cooperativas. A maioría das adegas teñen producción propia. O contrato homologado é para quenes venden a adegas, pero serviría como referencia dos costes de producción as cooperativas, que poderían tomalos como orientación.

3.-Os viños da denominación de Orixe Valdeorras venden a todo o mundo, a Estados Unidos, Europa e, en ocasións puntuais, tamén no mercado asiático, máis concretamente no chinés. Os países que máis importan son Suiza, Reino Unido, Alemania e Estados Unidos. En canto os programas de promoción do Consello, centranse en acudir a feiras importantes e de referencia para o sector vitivinícola, como é o caso das de Londres ou a de Alemania. Nos vindeiros meses imos facer unha presentación en Nova Iorque e o ano que ven levaremos os nosos viños a países como Suiza ou Xapón. En novembro, o noso obxectivo será presentar a nosa producción en Brasil.

4.- O ano que ven unha adega sacará o viño tostado, que é unha das nosas apostas máis importantes, e os entendidos aventuran que será un éxito. Pero ata que haxa dúas ou tres marcas non se verá o resultado. Tamén fixemos as nosas primeiras experiencias cun viño de mencía envellecido en barrica de carballo galego. Nestes senso, temos que decir que este ano a Xunta recortou as axudas a este tipo de investigacións e non haberá experiencias.

5.-Que manteña os cartos que tiña ata hai tres anos nas axudas o sector e a labor dos consellos reguladores. Agora as partidas que quedan son únicamente as europeas. A Xunta só aporta un 30 por cento. O novo goberno tamén debería pensar con cabeza un plan conxunto de promoción dos viños galegos, que prepare un proxecto xenérico e que todos poidan participar nel.

José Manuel Rodríguez González:

“A viticultura ten que ser rendible”

1.-A campaña resultou moi boa, tanto en calidade como en cantidade, que estivo na media dos últimos cinco anos, cuns 5.445.829 kilogramos de uva (a falta de cinco bodegas). A climatoloxia, que é quen marca a calidade, afortunadamente foi boa no ultimo mes e iso permitiunos manter a calidade.

2.-O relevo xeracional é un problema xeral do pais, unha realidade e temos que convivir con ela. Eu penso que o importante para o sector é que a viticultura ten que ser rendible e, si logramos eso, acabaríamos cos problemas. Para iso fai falla que o sector siga forte, se manteñan os prezos e sexamos capaces de manter o tipo ante un mercado difícil.

3.-Os viños da Ribeira Sacra están en todos os paises nos que están os outros. En Estados Unidos, Sudamérica, China, Japón, Inglaterra e Centroeuropa. Dende o Consello Regulador facemos cousas puntuales relacionadas ca promoción, pero neste mundo global, penso que a presencia institucional non é tan necesaria. Deben ser as adegas, e no caso da nosa así está sendo, as que negocien e entren no mercado exterior de xeito individualizado.

4.-Polo momento, a xente fai os seus investigacións en barrica e variedades. O dos novos tipos de productos é unha posibilidade que está aberta a calquera bodega pero que penso que aquí aínda non se deu.

5.- Eu ós políticos lles pediría sentido comun, pero non só co respecto as denominacións ou o sector do viño, senón a nivel xeral. No mundo empresarial, son as persoas, a xente que traballa nas empresas as que teñen que moverse e no depender dun maná. O que si lle diría o novo goberno é que teña en conta a realidade do mundo do viño en Galicia, que desenvolva líñas de apoio a unha viticultura da que dependen sectores como o turismo.

Antonio Ángel Méndez Atanes:

“Imos quedar sen relevo nos viñedos”

1.-Un auténtico record. Levamos recollidos máis de 2.600.000 kilos de uvas cunha calidad excepcional. Duas adegas aínda non remataron a vendima, e unha vez que o fagan podemos falar dun éxito en producción. Nalgunhas adegas xa temos mosto fermentando e todo apunta a que teremos viños con moita calidade.

2.–O relevo xeneracional é un dos maiores problemas que temos na Denominación de orixen, porque a media de idade da maioría dos agricultores está nos 67 anos. Si non se toman medidas, se fai algo para asentar xente nova no campo, dentro de 10 anos quedaremos prácticamente sin viticultores, porque é difícil que unha persoa vaia co caxato a traballar á viña. Dende o Consello Regulador xa estamos tomando medidas, facilitando á xente nova a apertura de adegas e as repoboacións de viñedos con castes autóctonas pero todos os esforzos son poucos, porque a viticultura non é rentable, os precios son baixos.

3.-O noso principal mercado é Galicia, seguido de Madrid, Barcelona, Bilbao e as provincias do Mediterraneo. Neste momento, tamén estamos exportando viños a 22 países, ós que exportamos un 22% da colleita. No campo da promoción estamos a traballar moi duro para continuar abrindo mercados.
4.-Se están producindo viños en barrica e de crianza, pero a nosa estrela son os viños xóvenes de mencía, nos tintos, e o godello nos brancos.

5.-Xa houbo moitos apoios á repoboación de viñedos e apertura de adegas e agora o que pediría, como seguinte paso na mellora das perspectivas de promoción dos viños das denom inaciones, é consolidar a marca Galicia para abrir mercados. Todos os productos galegos amparados por un selo de calidade deben promocionarse baixo un solo paraugas, que podía ser Galicia Calidade. Non ten ningún sentido que cada denominación vaia polo seu lado.

Te puede interesar