Un curso de formación busca mellorar a seguridade viaria na provincia

A Deputación promove a reciclaxe de conductores

José Luis Baltar e David Llorente, na presentación. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Unha campaña de formación e reciclaxe de conductores, patrocinada pola Deputación e organizada pola asociación provincial de autoescolas e na que colabora a Xefatura provincial de Tráfico, pretende mellorar a seguridade viaria nas estradas da provincia. O obxectivo do curso é que os conductores ourensáns renoven os seus coñecementos e facilitarlles formación continuada. A iniciativa está dirixida principalmente a persoas dos concellos rurais que teñan que renovar o seu permiso de conducir, aínda que está aberto a tódolos que estean interesados no tema.
Na presentación da campaña, que tivo lugar onte, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, salientou que todo o apoio que se lle poda dar a actuacións encamiñadas á seguridade viaria 'contará sempre coa colaboración da Deputación. A obriga de todo conductor é actualizarse, reciclarse e manterse ó día no coñecemento das normas de tráfico, e para elo esta campaña supón un instrumento axeitado e moi práctico'.

Mentras, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, asegurou que estas iniciativas permitirán sensibilizar á poboación, que na provincia se caracteriza por ter un índice elevado de conductores maiores de 65 anos, 'en concreto, uns 18.000 dun total de 209.000' Asemade, Llorente sinalou que un dos principais problemas de tráfico en Ourense é o elevado número de alcolemias que se rexistran. 'En delitos de tráfico Ourense ten rexistradas 1.300 condenas, das que 1.100 son por alcolemias', afirmou.

Por iso, o presidente da asociación de autoescolas, Fernando Varela, explicou que a campaña incidirá en todos os aspectos de interese para os conductores, como son o permiso por puntos, a nova Lei de Seguridade viaria, os delitos contra o tráfico e a circulación nas glorietas, entre outros.

34 autoescolas

Na campaña participarán 34 autoescolas da provincia (máis do 90% do total). No seu programa inclúe conferencias, seminarios e mesas redondas, que terán lugar nos diferentes concellos da provincia, xa que un dos seus principais obxectivos é achegar a formación a tódalas persoas sexa cal sexa o lugar onde residan.

Te puede interesar