O derribo en Maceda 'é culpa do PP', di o alcalde

Xabier Oviedo, alcalde de Maceda e responsable local de CxG, explicou o problema do obrigado derribo dunha vivenda no municipio -unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) así o esixe-, deixando claro que 'a responsabilidade do grupo de goberno é a que é, pero este problema ven dunha época na que nós non gobernábamos nin por asomo'.
Oviedo criticou que 'o Partido Popular de Maceda sempre permitiu actuacións á marxe da lei seguindo esa doutrina apuntada do 'ti vai facendo que por nós non hai problema'', pero como asegura o responsable de CxG en Maceda 'logo sí veñen os problemas e son os demais os que tragamos con eles'.

Oviedo sinalou que sempre 'estiven disposto a mediar entre as partes -unha veciña provocou a sentenza do TSXG ao denunciar a situación irregular do inmoble del que é dono Manuel González Carballo-', incluso retrasando case dous anos a execución da sentenza do TSXG'.

Te puede interesar