Dous restaurantes participan nunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro

Co gallo do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro e a celebración do ano que honra a figura do escritor, o Consello da Cultura Galega puxo en marcha unha iniciativa o pasado día 24 co obxectivo de aunar literatura e gastronomía. Trátase de 'A cociña galega con Cunqueiro', á que, a día de hoxe, están unidos máis de 60 restaurantes de Galicia. Deles, só dous están na provincia de Ourense e ningún deles na capital. Son o Galileo, en Pereiro de Aguiar, e a Reitoral de Ansemil, en Celanova.
As condicións para suscribirse ó proxecto son integrar na súa carta algún dos pratos creados ou mencionados por Cunqueiro nas súas obras e recoller un lote do libro 'Na mesa con Cunqueiro', que entregan a cada consumidor que opte por estas receitas. No caso concreto da Reitoral de Ansemil, o seu propietario, Javier Torquati, explica que os pratos son escollidos segundo a tempada, posto que a iniciativa desenvolverase durante todo o ano adicado a Cunqueiro. Entre eles figuran dende un salpicón de centola ata unha tortilla de chourizo e xamón, pasando por un lacón trufado. 'Todo o que sexa fomentar a cociña galega é bo para todos', afirma o cociñeiro.

Te puede interesar