O edificio central do centro contra o lume de Toén, listo antes de fin de ano

González durante a súa visita ás obras do CILL de Toén.
photo_camera González durante a súa visita ás obras do CILL de Toén.

A Xunta destaca que este complexo de Toén será un referente europeo en materia de incendios forestais

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, constataron recentemente o avance das obras do novo Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL), complexo situado no antigo psiquiátrico do concello de Toén. En concreto, comprobou o estado actual da reforma da antiga lavandaría, onde se situará o edificio administrativo e de formación que se prevé rematar para finais deste ano. A Xunta fai fincapé en que “estas instalacións serán un referente para a formación, a cooperación e a investigación en materia de incendios forestais”.

Na antiga lavandaría estase a rehabilitar o edificio mantendo elementos estruturais orixinais. O conselleiro destacou a “extraordinaria cuberta de madeira” que se manterá na recuperación desta edificación. González puxo en valor o traballo artesanal que alí se fixo con madeira de castiñeiro e puxo en valor a recuperación deste tipo de edificacións na aposta pola sostibilidade e, neste caso, tamén pola posibilidade de conservar o traballo levado a cabo por artesáns galegos da madeira.

No complexo ao completo, a Consellería do Medio Rural leva investido máis de 3,5 millóns de euros para a súa construción. O obxectivo é convertelo nun centro administrativo e de formación de brigadas forestais que sexa referencia na súa materia a nivel europeo. 

Primeira fase

Das tres fases en que se estrutura esta iniciativa, esta é a primeira, referida ás instalacións, e a que se prevé completar este ano. As outras dúas centraranse na execución dunha área agroforestal e horta solar e na xestión forestal sustentable. Neste centro tamén se instalará unha aula medioambiental para formar estudantese para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais contra incendios como defensores do monte.

Te puede interesar