VITICULTURA

Encontro de viticultura de Galicia e Portugal

A xuntanza de xuño servirá, ademais, para divulgar as capacidades da eurorrexión. 

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural, organizará no mes de xuño o "I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal". Este foro servirá para avanzar na estratexia de traballo conxunto entre ambos territorios co fin de dar resposta aos novos retos e necesidades aos que se enfronta a viticultura da Eurorrexión. A celebración deste evento anunciouna o director da Evega, Juan Casares, no contexto da visita a este centro dunha delegación portuguesa formada por por Nuno Brito, director da Comissão de Viticultura da Região dos Vinhos Verdes, e de João Garrido, director da Estação Vitivinícola “Amândio Galhano” (Evag). 

Os representantes das tres entidades mantiveron unha reunión de traballo na que se acordou establecer un mecanismo de intercambio de información sobre as actividades formativas de cada centro, a organización de accións conxuntas no marco da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e mesmo a colaboración entre os laboratorios de ambas as dúas entidades para a posta a punto de distintas técnicas analíticas. 

A xuntanza de xuño servirá, ademais, para divulgar as capacidades da eurorrexión. 

Te puede interesar