O inesquecible escritor ourensán foi homenaxeado no 31 aniversario do seu pasamento

'A Esmorga' de Blanco Amor terá unha edición en inglés

Varela, Araújo, Baltar, Lorenzo, Arturo Baltar y Tosar durante la ofrenda floral. (Foto: Marcos Atrio)
Onte cumpríronse 31 anos do pasamento do escritor ourensano Eduardo Blanco Amor e na súa sepultura, no camposanto de San Francisco, reuníronse políticos, escritores e amigos, entre os que estaban o presidente da Diputación, Xosé Luis Baltar; a concelleira de Cultura, Isabel Pérez; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o presidente do Clube Pen de Galicia, Luis González Tosar e o escultor Arturo Baltar, así como a sobriña do finado, Marita Bóveda, para rendirlle homenaxe e colocar coroas de frores sobre a súa lápida.
No acto, estuddantes da cidade recitaron poemas do escritor e Luis Tosar anunciou o proxecto de publicar un libro con testemuñas de persoas que tiveron relación con Blanco Amor. Ademais, subliñou que a obra 'A Esmorga' xa foi traducida ó inglés 'e agora estamos buscando unha editorial para sacala ó mercado', apuntou.

Xosé Luis Baltar destacou o gran amor que tiña o escritor pola a súa terra. Mentras, o secretario xeral de Política Lingüística considerou a Blanco Amor unha peza clave da dignificación do galego e anunciou a organización dun seminario de cultura galega en Ourense, que levará o nome de Blanco Amor. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, os alumnos do Instituto de Enseñanza Blanco Amor da cidade deron lectura a poemas e escenifiaron unha obra do escritor.

Te puede interesar