EN OURENSE

Evacuadas dúas persoas por inhalación de fume debido a un incendio nunha vivenda

O incendio propagouse na madrugada deste xoves nunha vivenda situada na rúa Manuel Rubén García Álvarez 

Dúas persoas, un home e unha muller, foron evacuadas este xoves por inhalación de fume debido a un incendio rexistrarse un incendio nunha vivenda no termo municipal de Ourense.

Segundo informou o 112, o incendio propagouse na madrugada deste xoves nunha vivenda situada na rúa Manuel Rubén García Álvarez en Ourense.

No lugar ardeu unha neveira e a cociña quedou afectada polo fume, segundo indicaron os bombeiros desprazados á vivenda despois de que ás 3,30 horas deste xoves un particular pedise axuda ao CAE 112 Galicia.

Ademais da intervención dos Bombeiros de Ourense, foron mobilizados Urxencias Sanitarias, a Policía Local e efectivos de Protección Civil de Ourense.

O 061, segundo sinalaron a Europa Press fontes sanitarias, desprazou ao lugar un médico do PAC da zona e unha ambulancia asistencial, que levou ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) a un varón duns 50 anos e unha muller de 49 anos.
 

Te puede interesar