Un falso vidente estafa a un home 25.000 euros co pretexto de 'limparlles o mal de ollo'

Un falso vidente estafou a un cidadán de Ourense o pasado día 6 de setembro un total de 25.000 euros co pretexto de 'limpar o mal de ollo' a esta cantidade de diñeiro que o home gardaba na casa.
O veciño estafado -segundo un comunicado da comisaría provincial de Ourense- solicitara os servizos dun vidente que se anunciaba nun xornal da cidade para que lle realizase unha 'limpeza de mal de ollo' este diñeiro.

Unha vez na casa do 'suposto profesional', este explicoulle o estafado que, para sacar o mal de ollo, había que realizar unha 'cerimonia previa' que consistía en empaquetar os 25.000 euros nunha bolsa precintada con fita e gardala sen abrir durante 24 horas.

Ao chegar ao seu domicilio e trancurridas as 24 horas, o cidadán abriu a bolsa e comprobou que só contiña area. Ante este engano, dirixiuse á casa do presunto estafador pero este xa non estaba e, foi entón, cando comunicou o sucedido á sala de operacións da Comisaría Provincial de Ourense.

Así, os grupos de investigación desta comisaría están a realizar as 'investigacións oportunas' para identificar e deter o autor deste delito.

Te puede interesar