CAMPAñA 20-D OURENSE

Feijóo, en Carballiño: “Temos feitos que nos acreditan"

<p></p>
photo_camera Manuel Baltar, Alberto Núñez e Miguel Ángel Viso, entre outros, no mitin de onte en Carballiño.

Manuel Baltar apostou no mesmo mitin por converter Ourense nunha terra de oportunidades

O Auditorio de Carballiño acolleu onte un mitin do Partido Popular no que se contou coas intervencións do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, do presidente provincial, Manuel Baltar, e co candidato ao Congreso dos Deputados por Ourense, Miguel Ángel Viso, que foron presentados ós asistentes polo presidente local, Argimiro Marnotes. Núñez Feijóo fixo mención ás axudas á infancia aprobadas polo Goberno galego como a tarxeta da natalidade e as 2.500 prazas nas escolas infantís. "Nos momentos máis difíciles creamos máis escolas infantís e máis garderías", dixo. Tamén salientou que os populares acadaron que xiraran as expectativas cara a certeza dun futuro mellor e garanten que se siga creando emprego e baixando impostos.

O presidente indicou que os populares "recoñecemos con humildade que non está todo conseguido e que aínda quedan cousas por facer", puntualizando que "o obxectivo ao final dun mandato é que o país estea mellor que cando o empezaches", ao tempo que lembrou que demostraron ter capacidade para afrontar os problemas e acadar solucións, podendo presentar un balance ante outras forzas políticas, que non o teñen ou o esconden por bochorno.

Núñez Feijóo insistiu en que "temos os feitos que nos acreditan, o que fixemos, aínda que sabemos que quedan moitas deudas sen pagar, que temos familias sen emprego", engadindo que "ante os que ocultan todo o que fixeron porque todo o fixeron mal, nós decimos que queda moito por facer".

Nese sentido criticaba ó anterior goberno socialista manifestando que "nós demostramos a capacidade que temos para solucionar os problemas, non para crealos".

O presidente do PPdeG en Ourense, Manuel Baltar, dixo que Carballiño "ten na emigración unha parte moi importante da súa historia, unha historia chea de relatos duros, difíciles, con protagonistas que merecen todo o noso recoñecemento”. Neste sentido, avogou por seguir traballando “para que todos os ourensáns que emigraran, especialmente nestes últimos anos, podan ter unha oportunidade para voltar á sua terra”.De oportunidades tamén falou o cabeza de lista do PP ao Congreso, Miguel Ángel Viso, ao lembrar o potencial que ten O Carballiño en sectores como o termalismo, “onde sabedes que non só tendes un gran pasado, senón tamén un prometedor futuro grazas ao labor do noso presidente provincial desde a Deputación, o que suporá unha fonte de riqueza e emprego, traballo cualificado ao que poderán optar os nosos mozos, ansiosos de oportunidades”, apuntou en relación ó plan termal provincial que se puxo en marcha impulsado pola Deputación.

Te puede interesar