O Festival de Cine de Ourense estrea este ano unha sección de videoxogos

O 28º OUFF lanza a primeira partida de videoxogos
photo_camera O 28º OUFF lanza a primeira partida de videoxogos
O 28º OUFF lanza a primeira partida de videoxogos

Mostrar o potencial da industria do videoxogo e a súa relación co sector audiovisual motivan á organización do Ourense Film Festival (OUFF) a estrear sección en 2023: OUFF Game Sessions.

A aposta do festival ourensán estrutúrase, por unha parte, no foro “Videoxogos, a nova narrativa audiovisual”, e, por outra, na establecendo catro galardóns dirixidos a estudios e profesionais de Galicia: Mellor Videoxogo -cun premio de 800 euros e trofeo conmemorativo-, Mellor Narrativa, Mellor Arte e Proposta máis Innovadora, con 400 euros e trofeo cada un deles.

O domingo 1 de outubro é a data escollida para a estrea desta sección do festival.  Os premios serán outorgados por un xurado conformado por tres profesionais do mundo do videoxogo galego, audiovisual, medios de comunicación e cultura, que non poderán declarar empates nin categorías desertas.

Te puede interesar