EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
O 28º Ourense Film Festival (OUFF) abrirá boca nesta edición cunha exposición na que viaxes, cidades, arte e nomes propios do cinema compoñen a crónica fotográfica de Chema Prado (Rábade, Lugo, 1952), quen foi director da Filmoteca Española durante 27 anos.
“Series” é o título da exposición que se inaugura o próximo 14 de setembro ás 20,00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel . “Polaroid”, “Nada que perder”, “Cidades” e “Infraganti” son os títulos das catro series que nos conducen pola experiencia vital e profesional de Prado en imaxes, na que o cinema e as viaxes, o amor pola arte e un extraordinario conxunto de figuras relevantes da industria coas que colaborou e trabou amizade, desfilan na mostra.
A exposición “Series” de Chema Prado, presentada polo 28º Ourense Film Festival, organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio da Deputación de Ourense e a colaboración de Xunta de Galicia, poderá ser visitada no Valcárcel ata o 12 de novembro.
Chema Prado é un referente para o sector cinematográfico desde hai décadas; non só en España senón no ámbito internacional, onde foi recoñecido e homenaxeado en diferentes foros e festivais. Foi director da Filmoteca España ata o ano 2016.
A vixésimo oitava edición OUFF celebrarase en Ourense do 29 de setembro ao 8 de outubro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último