O FITO, premio Rodolfo Prada á xestión cultural

O xurado concedeu tamén un Premio Especial ao creador ourensán Alfredo Iglesias, editor da revista “Coralia”, recentemente falecido.

O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) foi galardoado co Premio Rodolfo Prada á xestión cultural, que se entrega no marco da Ourense ICC Week 2021. Este festival, impulsado por Sarabela Teatro, celébrase cada outono e despois dunha década tense convertido nun referente galego. Tamén resultaron premiados co Rodolfo Prada o proxecto ‘Patrimoniogalego.net’ e o Festival Carballo Interplay. ‘Patrimoniogalego.net’ é un proxecto social e participativo que leva máis de 10 anos recompilando o patrimonio en Galicia e que conta a con máis de 12.000 bens inventariados. O Carballo Interplay foi pioneiro como festival de webseries e leva xa celebradas oito edicións convertido nun dos festivais de contidos dixitais mais importantes. O xurado, reunido ese sábado en Ourense,  concedeu tamén un Premio Especial ao creador ourensán Alfredo Iglesias, editor da revista “Coralia”, recentemente falecido.

O Premio Rodolfo Prada toma o seu nome deste galeguista, figura histórica da emigración galega en Bos Aires.

Te puede interesar