Primarias socialistas

Formoso insta a participar nas primarias socialistas de Galicia

fornoso verín
photo_camera Fornoso na sede socialista en Verín.
Formoso visitou este xoves á militancia de Verín, Xinzo de Limia e Celanova

Verín, Xinzo de Limia e Celanova foron este xoves as paradas da caravana de “ilusión e compromiso para facer un PSdeG máis forte” que está a levar a Valentín G. Formoso a todos os recunchos de Galicia. O candidato á Secretaría Xeral do PSOE galego instou, ante a militancia, á participación nas primarias do 30 de outubro “para poñer o mellor do socialismo ao servizo de Galicia”.

Formoso destacou que “non hai que ter medo ás Primarias, son unha ferramenta democrática que dá voz á militancia para que decida o futuro do partido” e lembra que “se fose pola actual dirección terían sido o 26 de setembro e habería só un candidato pero, por sorte, o PSOE ten órganos que garanten a participación democrática da militancia”. 

O socialista tamén apuntou que fará unha campaña “en positivo, baseada en ideas e propostas, sen entrar en confrontacións persoais” e reiterou o seu compromiso de que “se son elixido nunca haberá un proceso de Primarias á medida do Secretario Xeral. É para fomentar a participación”, concluíu.

Te puede interesar