A Galiña Azul de Gustei terá parque infantil

TOÉN (ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL"). 05/09/2018. OURENSE. La delegada territorial de la Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada del alcalde de Toén, Amancio Cid Pérez, visitan la escola infantil "A Galiña Azul" de Ribadela. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Imagen de archivo de A Galiña Azul
A Galiña Azul de Gustei, no concello de Coles, contará cun parque infantil ao seu carón

O Concello sacou onte a licitación para a creación destas instalacións por preto de 70.000 euros, coas que se verían reforzados os servizos prestados aos cativos usuarios. Por outra banda, dado que se prevé unha zona de xogos para nenos e nenas máis maiores, os servizos proporcionados pola dita construción abranguerían a un maior número de usuarios.

As obras localízanse integramente no núcleo de Gustei. A zona na que se pretende realizar a implantación do parque infantil é unha contorna verde, con presenza de arbolado e bancos, permitindo á veciñanza desfrutar da contorna.

A obra recibirá unha subvención de 40.000 euros por parte da Xunta, e o resto do importe aportarao o Concello. O prazo de execución das obras é de tres meses, contado a partir da sinatura da acta de comprobación do trazado. As empresas interesadas teñen ata o 12 de xuño para enviar as súas ofertas. 

Te puede interesar