Habelas, hóuboas! A bruxería en Ourense

Ilustración da portada do libro sobre "bruxos e astrólogos da Inquisición de Galicia", de Bernardo Barreiro.
photo_camera Ilustración da portada do libro sobre "bruxos e astrólogos da Inquisición de Galicia", de Bernardo Barreiro.

Seguro que ó longo da historia foron moitísimas máis, pero eu din cunha ducia que serven de botón de mostra da crueldade que sobre elas -e eles- exerceu o "Santo Oficio da Inquisición" entre os séculos XVI e XVII, por actos que hoxe provocarían risa

O certo é que non me foi moi difícil dar cun feixe delas gracias á edición facsimilar dun singular libro publicado na Coruña no ano 1885 e escrito polo arquiveiro e ilustre investigador compostelán, Bernardo Barreiro, sobre o que o seu coetáneo Curros Enríquez dixo que era "uno de los hombres más eminentes de España por su saber bibliográfico".

"Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano" é o seu título e nel o historiador -inimigo implacable da Inquisición- desentrana os expedientes de corenta casos instruídos e cruelmente executados polo "Santo Oficio", que tiveron lugar entre finais do século XVI e mediados do século XVII en Galicia, entre os que destaca a sumamente coñecida (gracias á composición poética do celanovés Celso Emilio Ferreiro e actualmente á película do valdeorrés Ignacio Vilar) "vieja infeliz, hija de Cangas, benemérita de la patria en nuestro concepto -di Bernardo Barreiro- y en el concepto de la iglesia, bruja, llamada María de Solina o Soliña".

Pero, como do que se trata é de traer a colación os procesos máis próximos, doulle luz a esa ducia de ourensáns que tiveron que enfrontarse ás fauces da Inquisición nun lamentable estado de dor no que acabaría cantando un mudo e que reproduzo de seguido: "...sobre el potro, desnudas como las niñas de 15 años, delante de los hombres impúdicos, todos célibes y clérigos" e oprimidas "en las mollejas de las pantorrillas por seis cordeles que le cortaban la carne, en ambos muslos por otros seis cordeles, en brazos y antebrazos doce cordeles más y el cuerpo estirado sobre diez barrotes colocados en arista..."

Con estas e outras moitas malas artes foi como se declararon culplables homes coma Juan Gómez, de Tameirón, "por consultar libros cabalísticos y leer libos de matemáticas"; coma Juan Asturiano, de Vilamaior, "por echar cera y agua y atar cuatro cruces de oliva y laurel al rabo de una vaca para que arara mejor"; coma Bartolomé de Castro, "por haber puesto una ristra de cebollas al cuello de un santo de piedra que estaba en el camino y al querer hacerlo andar, como no anduvo, lo apedreó"; coma Pedro Pazos, de Vilela, "que se dedicaba a la cura de enfermos con emplastos y palabras misteriosas", ou coma o licenciado Pedro Alonso, de Monterrei, denunciado por delicto de "astrología judiciaria" e porque tiña fama "de adivino y de sabio.

E se cos homes acontecía isto, coas mulleres era moito peor. Así consta nos procesos de Constanza do Pazo, veciña de Santa María de Lamela, "acusada de bruja, que chupaba la sangre a los niños y hacía mal de ojo, convirtiendo los sanos en tísicos"; no de Lucía do Mato, veciña de Vilanova (Allariz), que quixo "curar con gotas de cera virgen, agua bendita, rama de olivo, oraciones ininteligibles y otras cosas" a un enfermo que morreu; no de Isabel Bella, de Vilar de Donas, "joven soltera que con unas tijeras rompió un pedacito de ara consagrada y cosiéndola al justillo dentro de un paño, a modo de relicario, decía que aunque tuviese que ver con un hombre no se podía quedar preñada"; no de Gracia García, de Tamaguelos, que "para que su marido la quisiese bien, fue vista echar agua fría en un caldero y sin ponerla al fuego el agua había comenzado a hervir y a salir de ella unos vapores como de una olla"; no de Eufemia Cid, de Marzás (Ambía), acusada de hechicera, condenada por reincidir y sacada por las calles a la vergüenza pública embetunada y emplumada", ou no de Ana Martínez, de Ribadavia, que con un fillo enfermo, foi acusada de tratar de curalo do mal do "Enganido" pasando ó neno polo burato dunha cañota de carballo.

Te puede interesar