Imputado por denunciar un falso atraco na vía pública

A Policía procedeu á imputación dunha persoa presunta autora dunha denuncia falsa por uns feitos que aconteceron o 27 de xaneiro cando denunciou un suposto atraco, que resultou ser falso. Segundo esta persoa, ese mesmo día, sobre as seis de madrugada, cando pasaba pola Ponte Romana, foi abordada por dous homes, os cales lle propinaron, segundo a súa versión, numerosos golpes e lle roubaron a carteira e o móbil que levaba no seu poder.
Unha semana máis tarde o denunciante ampliou a denuncia, comunicando a recuperación de parte dos efectos. A investigación puido determinar que os feitos denunciados 'eran totalmente falsos, non producíndose en ningún momento o devandito roubo con violencia'.

Te puede interesar