ASAMBLEA

Industria estudiará o impacto económico das feiras galegas

O xerente de Expourense e a directora xeral de comercio presidieron a asamblea da asociación Agafe

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou onte na asemblea anual da Asociación Galega de Feiras (Agafe), onde se puxo en valor un acordo de colaboración encamiñado a impulsar a competitividade dos recintos feirais de Galicia. O encontro, que dirixiu o presidente da Asociación, Alejandro Rubín, xerente de Expourense, permitiu resaltar a importancia dun convenio que persegue mellorar os recursos e servizos destes recintos de cara a favorecer o desenvolvemento comercial de Galicia.

Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, reforza a súa aposta polas actuacións desenvolvidas pola fundacións feirais dada a súa capacidade para contribuír á reactivación da actividade económica de Galicia.

Neste sentido, e como resaltaron a propia directora xeral e o presidente da Asociación, a colaboración entre sectores, materializada en Agafe, que suma 60 asociados en diversos campos de actuación, permite optimizar a xestión dos complexos feirais, prestando especial atención á calidade dos servizos que desempeñan. “Coa mellora da competitividade destes recintos e a posta en valor dos seus recursos e servizos, buscamos contribuír ao impulso da economía galega”, engadiu Vázquez Abeal.

Entre as actuacións do convenio destaca a posta en marcha dun modelo de medición do impacto socioeconómico nas áreas correspondentes.

Tamén abordáronse unha serie de recomendacións de mellora da innovación aplicada a actividade de feiras e eventos que inciden en orientacións transversais destinadas a impulsar a creacións dun comité de innovación que a medio prazo xestione unha carteira de proxectos, ao tempo que se interactúe cos principais axentes do sistema de innovación de Galicia. Ademais estas propostas perseguen optimizar a captación de recursos finacieiros a través da identificación de proxectos colaborativos, mellorar as competencias propias dos Recursos Humáns, elaborar informes de coxuntura e da vixiancia tecnolóxica e competitiva ou organizar xornadas anuais que poñan en valor as mellores prácticas do sector e as empresas máis innovadoras.

No encontro da asemblea desenvolvido onte en Ourense, apuntáronse outras iniciativas orientadas a promover a mellora das actividades feriais desenroladas na Comunidade, como a detección de necesidades de internacionalización e accións de mellora ou o desenvolvemento dunha plataforma web.

Te puede interesar