ENTREVISTA

Laura Sarasola: "Os bebés téñeno moi fácil para emocionarse e aprender co teatro"

0dafba_7e81b36e4db841b5bc32d3c55920b77c-mv2_d_5616_result
photo_camera Unha das esceas de "Redondo".

O espectáculo "Redondo" de Caramuxo Teatro chega hoxe a Mostra de Teatro Infantil (MOTI). Laura Saraola é a directora da obra

Caramuxo Teatro comenzou a súa andadura no teatro para bebés no 2003, cando case que ningunha compañía galega apostaba por esta idea. O seu espectáculo "Redondo" chega hoxe a Mostra de Teatro Infantil (MOTI) para demostrar que os bebés téñeno moi fácil para desfrutar co teatro. Unha proposta que xoga coas formas e que poderá verse en dous pases, as 12,00 e as 17,00 horas, no Principal. Laura Sarasola é a directora da obra. 

Como describiría a obra?

É un espectáculo teatral que aúna dúas premisas, estar pensado para bebés e partir da docencia. Nesto inflúe o feito de que tanto Juan, o actor desta obra, coma min traballamos no mundo educativo. Dírixise principalmente a un público a partir de 6 meses e ata os tres anos.

Que elementos xogan un papel importante no espectáculo?

Concíbese dun xeito moi visual, case non se empregan palabras e, polo tanto, xogamos moito coas imaxes, a iluminación e a música. Estes elementos conxúganse dunha maneira específica para que os máis pequenos presten atención e non se aburran. Perséguese que sempre haxa algún estímulo cambiante para que os bebés non perdan o fío. 

Cos xestos é máis fácil chegar aos bebés?

Estamos convencidos de que os máis pequenos asumen moito mellor unha linguaxe non falada que un conto con moitas palabras. O máis importante nestes casos é a intencionalidade da interpretación e lograr que esta chegue dun xeito moi real.

Trabállase o aspecto didáctico dun xeito específico?

Non. Mais ben está incluído nas imaxes pero non dun xeito evidente. Si que é certo que xogamos coas formas e, neste caso, partimos dun personaxe ao que lle encanta todo o que é redondo. Pero tamén se inclúen elementos de sorpresa, de humor e outros máis poéticos.

Onde radica a importancia dos espectáculos infantís?

Creemos que é fundamental. Non só o teatro, senón todas as artes.  Para aprender algo é fundamental emocionarse, e precisamente para iso temos a arte con todas as letras, sobre todo nestas idades que se emocionan moito máis. 

Te puede interesar