A limpeza de xardíns supuxo un investimento de 26.500 euros

Unha brigada municipal de cinco operarios, apoiados por dous tractores con desbrozadora (un deles do Concello de Piñor) levaron a cabo dende o pasado mes de abril as tarefas de limpeza e acondicionamento das áreas axardinadas e parques do municipio do Carballiño. Esta laboura foi estimada polo concelleiro de Medio Ambiente 'nun investimento aproximado de 26.500 euros, que é o gasto que suporía a contratación privada e por horas de persoal para face-los desbroces en cada unha das localidades'.
Por exemplo, entre o 7 de abril e o 23 de xuño, no casco urbán da vila do Arenteiro invertíronse preto de 5.000 euros, a razón de 52 xornais (que corresponden a traballadores do Concello) en 13 días, e un total de seis hectáreas desbrozadas.


RIBERAS

Os traballos desta brigada estánse a centrar, na actualidade, na limpeza de accesos e campos públicos onde se celebran as festas patronais. Neste aspecto, Bernardo García, lembra que 'temos un total de 35 festexos populares contabilizados entre os meses de xullo e agosto'. Por outra banda, os traballadores do departamento de Medio Ambiente deberán acometer o acondicionamento das ribeiras do río Arenteiro, 'en combinación coas brigadas que envíe a Confederación Hidrográfica Miño-Sil'.

Te puede interesar