La Lira participa no certame galego de bandas de música

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) celebra os días 16, 17 e 18 de novembro a sexta edición do seu certame de bandas.La Lira de Ribadavia participa de novo este ano no concurso, despois de acadar o primeiro premio en sección terceira na edición anterior. A cita será o venres 16 de novembro a partir das 20,00 horas, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
Con tal motivo, para hoxe, ás 18,00 horas, na Casa da Cultura, La Lira ten previsto un concerto para presentarlle a todos os veciños e aficionados a música de banda as pezas que se interpretarán no certame e coas que espera repetir o éxito da pasada edición. Trátase das seguiten obras: 'Ribadavia', de Manuel Vázquez Gregorio, 'A batalla de Elviña', de Manuel A. López Pérez e 'Pórtico', de Antón Alcalde.

Te puede interesar