Lola Lorente gaña o Pura e Dora Vázquez de ilustración

O xurado do Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración elexiu á coruñesa Lola Lorente como gañadora da quinta edición. Salientou a calidade do traballo presentado, ’demostrando ser froito dunha fonda reflexión e análise do texto a ilustrar’. O premio está dotado con 3.000 euros.
A coruñesa Lola Lorente Esquiva é a gañadora da quinta edición do Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración. O premio, convocado anualmente pola Deputación de Ourense, está dotado con 3.000 euros, ademais da publicación do traballo elexido como gañador.

O xurado desta edición salientou a calidade do traballo, considerando que demostra ’ser froito dunha fonda reflexión e análise do texto a ilustrar, co empre go dunha linguaxe plástica moderna’. Resaltou tamén ’o dinamismo do mesmo’. Os membros do xurado, presidido polo diputado de Cultura, José Luis Valladares, foron Eva Torres (directora do Museo Municipal), Sonia Torre (xornalista), Pablo Otero (artista e ilustrador) e César Taboada (director da Escola Antonio Faílde). O secretario do xurado foi o director do Centro Cultural da Diputación, Francisco González.

O libro resultante desta quinta edición incluirá o texto gañador do Premio, chamado ’O nariz de Fiz’, de Miro Villar, e as ilustracións da coruñesa Lola Lorente. Segundo a Deputación ourensá, a obra será editada proximamente e a intención da entidade convocante é empregala para levar a cabo unha campaña de animación á lectura entre os máis novos.

Te puede interesar