Luz verde á licenza para a restauración da torre de San Martiño e a fachada da Catedral

OURENSE (PRAZA DE SAN MARTIÑO). 30/06/2020. OURENSE. 
Homenaxe COVID-19 "O Gaiteiro da Catedral". 
Primeiro acto da homenaxe mundial permanente ás vítimas do COVID-19 e ao persoal esencial durante a pandemia. 
Participan: 
o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; 
o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices;
o bispo de Ourense, Leonardo Lemos;
o gaiteiro Bieito Romero. 
Organiza a Deputación de Ourense, Bispado e Catedral de Ourense. O "Gaiteiro da Catedral" interpreta por primeira vez desde a torre do monumento o Himno oficial da provincia de Ourense, "Ourense no solpor", melodía que a partires desta data soará en directo todos os días, á mesma hora desde a torre da catedral, os 365 días do ano. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Catedral de Ourense (FOTO: ÓSCAR PINAL).
As actuacións contarán cun orzamento de 273.000 euros
O Concello de Ourense aprobará este xoves na xunta de goberno local a licenza para as actuacións de restauración na torre de San Martiño e na fachada occidental da Catedral.

A proposta, que parte do departamento de Urbanismo a petición da Dirección Xeral de Patrimonio, suporá unha obra "de gran importancia para un dos emblemas" da cidade, destacan dende o Goberno local.

A licenza estará fundamentada para o proxecto básico e de execución, redactado polos arquitectos e directores das obras Manuel Seoane Feijóo e Sonia López Calvo.

Estas actuacións contarán cun orzamento de execución material de 273.000 euros. "Supón un paso máis na posta en valor desta xoia monumental", sinalou a edil Sonia Ogando, que agradeceu o traballo a favor da "cooperación institucional" entre as administracións.

Te puede interesar