Máis de cen persoas no curso de 'Xestión de conflictos' en Verín

O curso 'Mediación e xestión de conflitos', que dirixido por Tiberio Feliz Murias, da Facultade de Educación Uned, rematará o próximo 25 de abril, deu comezo onte na Casa de Cultura de Verín.
Ten por obxectivos principais: identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.

'No mesmo participan dezaseis conferenciantes de distintos campos profesionais e académicos, incluíndo a prestixiosos xuristas, avogados, docentes, catedráticos, psicólogos ou técnicos do campo social, todos eles avalados por unha gran técnica profesional e unha recoñecida experiencia docente', destaca o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán.

'Tratanse temas moi diversos, como os diferentes ámbitos nos que se pode dar un conflito, as formas de solución a través da mediación, pero tamén coñeceremos as novas tendencias en canto á prevención e tratamento de drogas na adolescencia, violencia na mocidade e tamén teremos a una recoñecida experta, que nos introducirá nas técnicas de coaching', engade o rexedor.

Trala xornada de onte, o vindeiro 21 de marzo densenvolverase a segunda xornada coa conferencia de Elena Garrido Villarino, 'Introdución ao coaching', e o 'Estudo sobre a violencia na provincia de Ourense' de Fernando Serrulla.

Te puede interesar