MARCO FOXO: 'Ganar en Manzaneda é algo que me segue enchendo por dentro'

Marco Foxo
No recente campionato celtibérico de Manzaneda conseguiu a súa terceira victoria consecutiva como gaiteiro solista. Marco Foxo, 21 anos, atópase preparando o seu segundo disco, no que rende homenaxe ó gaiteiro de Ventosela. Músico de profesión, prepárase para ingresar na Escola Superior de Música de Oporto ó tempo que dirixe a banda de gaitas de Xunqueira de Ambía e a xuvenil da Real Banda de Gaitas da Deputación.
O de Manzaneda é un dos campionatos máis simbólicos da liga de bandas de gaitas. É especial ganar alí?
Levaba anos indo a Manzaneda competir e tiña quedado terceiro ou segundo, pero levo xa tres quedando primeiro. Non vou dicir que é algo novo, pero é algo que me segue enchendo moito por dentro. Cando ganei a primeira vez gravei un cd. Agora estamos preparando o segundo, que está previsto para finais de ano. Sempre competín nese campionato. Como solista teño ido a outros pero este é dos máis importantes.

Naceu a mediados do século XIX e viviu o Rexurdimento. Foi un dos mellores solistas e por iso me decidín a facelo. Seleccionamos varios temas seus e tamén incluiremos algunha composición miña.

Eu noto unha gran diferencia, sobre todo na estructura da melodía. Antes non estaba tan marcada como agora. Non sei se é mellor ou peor, pero a min case me gustan máis as antigas.n

Te puede interesar