MARÍA LAMEIRAS: 'O Campus ten moito que aportar na potencialidade termal da cidade'

María Lameiras, na Vicerrectoría do Campus (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Pasou un ano dende que fora nomeada vicerreitora do Campus de Ourense e agora chega o momento de botar as primeiras olladas cara atrás. María Lameiras asume os retos que o futuro lle presenta, entre os que está o proxecto de especialización como Campus da Auga.

Un ano despois, chegou o momento de facer balance?
O balance non hai que facelo só no momento no que se cumpre unha onomástica, senón que traballo cunha perspectiva de avaliación continua, como diriamos nun ámbito educativo. Nesa avaliación hai que ver en que medida inflúe o que se fai e como se pode mellorar. Pero ó facer balance hai que dicir que o primeiro ano ten a súa dificultade, porque supón a toma de contacto e o análise de como conseguir que o traballo do día a día non impida conseguir os obxectivos principais. Nese sentido, entendo que agora estou en mellores condicións para afrontar o que ven por diante, aportando a experiencia e bagaxe deste ano xa percorrido.

Tocoulle un ano duro, falando en termos económicos.
Si, un ano moi duro, pero hai que aplicar esa máxima de facer máis con menos. É certo que os recursos económicos son fundamentais e non podemos acometer obras de certo calado nun momento no que non os temos, pero hai outros eidos nos que podemos traballar maximizando o que hai, porque tampouco nos queda outra. Falando de accións concretas, a min correspóndeme ser a representante do reitor no Campus e iso significa servir de imaxe institucional. Neste aspecto, a miña valoración é moi positiva con respecto a tódolos colectivos cos que temos traballado. Como exemplo de infraestructuras, este ano empezan as obras de ampliación do Edificio Xurídico-Social e do vial que está a carón das pistas de fútbol-rugby e seguiremos desenvolvendo a nosa programación cultural.

Está no punto onde esperaba estar un ano despois?
É certo que hai toda unha serie de procesos burocráticos nunha institución pública, como é a Universidade, que fan que os prazos das cousas non vaian, ás veces, á velocidade que un quixera. A min gustaríame que todo puidese ir máis rápido, pero evidentemente estamos suxeitos a este funcionamento. Pero estou moi satisfeita, a pesar de tódalas dificultades, porque penso que estamos non só atendendo o día a día, senón que tamén somos capaces de prever e traballar tanto a curto prazo como de cara ós aspectos que queremos desenvolver de aquí ós tres anos máis que aínda estaremos no goberno.

Eu levo 20 anos de profesora e tiña sido vicedecana da Facultade de Educación. Evidentemente, coñecía o funcionamento do centro. Este Campus ten amplitude suficiente como para coñecerse, pero son dous postos que non teñen nada que ver. A realidade é moi complexa, tanto que ningún ser humano é capaz de vela na súa perspectiva global. En cada lugar que nos colocamos, vemos uns aspectos que non podemos ver situados noutro lugar. Polo tanto, eu agora teño unha perspectiva do Campus que non tiña como profesora e iso enriquéceme. Estar aquí tenme posto nun punto dende o cal podo formar unha visión de conxunto moito máis completa.

Iso teríano que dicir os que se relacionan comigo, pero a máxima que eu intento aplicar como psicóloga é a de que todo o mundo ten que ser escoitado. Eu teño as portas abertas para calquera e sempre teño disponible o tempo que a persoa necesite para escoitala.

Por suposto. Unha sociedade que se identifica como de dereitos ou de benestar non pode pasar pola realidade de non recoñecer á metade da poboación con igual nivel de oportunidades. Iso transversaliza o meu labor, non é unha actuación puntual. Traballo co obxectivo da igualdade porque considero que é unha condición sine qua non polo ben do Campus e polo ben da sociedade.

Paréceme un salto cualitativo e cuantitativo na proxección do Campus. Somos unha cidade cunha potencialidade termal impresionante, na que aínda temos moito por facer. Creo que a Universidade ten moito que aportar. Por iso, a proposta materializa o papel que debemos ter como motor de desenvolvemento. Ese plan estratéxico que presentou o reitor paréceme fundamental.

Noutra entrevista neste mesmo xornal dixen que lles tendía a man e que estaba aberta a propostas para traballar. Se hai unha crítica constructiva, beneficiosa, aquí estou; pero se a crítica é o insulto e a descalificación, o único que podo facer é seguir traballando, porque non vai mellorar nada. Vexo cuestións positivas da oposición, e outras que son unha mera crítica. En calquera caso, eu sigo estando na mesma actitude que hai un ano, coas portas abertas.

Nós non somos unha universidade independente, o Campus pertence a outro centro. Dende ese punto de vista, hai aspectos nos que podemos ter certa autonomía pero hai outros nos que dependemos de Vigo. Existe todo un organigrama mediante o que se reparte a toma de decisións, aínda que hai aspectos que se deciden para toda a Universidade. E imos cara adiante, un dos obxectivos é ver como podemos incrementar esa autonomía.

Penso que, coma sempre, nunca se está na situación perfecta, sempre hai espazo para mellorar. Pero teño que dicir que unha das miñas preocupacións é que o Campus estea integrado na sociedade, que se beneficie do noso traballo. A Universidade é o espello onde se mira a sociedade e non queremos ser un espazo elitista. Polo tanto, traballamos de cara á sociedade e da man das institucións.

Te puede interesar