Literatura

Marilar Aleixandre rescata a voz de “As malas mulleres”

A gañadora do Premio Blanco Amor de novela longa presentou a súa obra, que xa vai pola segunda edición

“As malas mulleres”, de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) xa é unha realidade. A gañadora do XXXIX Premio Blanco Amor de novela longa que convoca a Deputación de Ourense presentou onte o seu libro, editado por Galaxia, no que fai unha homenaxe ás presas do cárcere de A Galera, en A Coruña. 

A escritora, que coñeceu o premio pasado mes de decembro, adicou a novela “á memoria de Eduardo Blanco Amor” e definiu “As malas mulleres” como “un rescate da memoria colectiva de mulleres descoñecidas da Galera”. Aleixandre quixo agradecer aos lectores, xa que a novela vai pola segunda edición e publicouse o pasado 8 de marzo. “Falo das historias que se guindan ao pozo da desmemoria e que os libros se converten unha táboa de salvación para as presas”, subliñou.

Manuel Baltar, presidente da Deputación, valorou a “traxectoria e compromiso” da autora, “que da prestixio ao Premio Blanco Amor”. Baltar subliñou a intención de “seguir apostanto por estes recoñecementos, porque sen cultura non hai pobo, nin persoas, e pouco importan as administracións”.

O presidente da editorial Galaxia, Antón Vidal, sinalou que a novela “fai xustiza a moitas mulleres”.  Vidal louvou o traballo do goberno provincial, “que quizais sexa unha das institucións que maior esforzo e presenza ten na cultura galega”.

Te puede interesar