EN EXPOURENSE

Megaxove pecha a súa 16ª edición con máis de 10.000 visitas

photo_camera Dous rapaces, na xornada de clausura de Megaxove. (JOSÉ PAZ)

Familias de toda Galicia participaron nas máis de 150 actividades deportivas, solidarias e de ocio para todas as idades que ofrecía o salón

Despois de catro días de intensa actividade, Megaxove pechou as portas da súa 16ª edición convertida no lugar elexido por máis de 10.00 visitas para gozar da ponte festiva. Xóvenes e familias de toda a comunidade e do norte de Portugal achegaronse durante estos catro días ata Expourense para participar activamente nas máis de 150 opcións deportivas, culturais e de lecer que ofrecían no Salón da Xuventude.

A última xornada do Salón estivo marcada pola visita dos xogadores do COB que se achegaron ata o recinto para asinar autógrafos e sacarse fotos cos afeccionados. Tamén estiveron presentes outros deportes coma o kickboxing, o bádminton ou a halterofilia, que celebrou un campeonato oficial de técnica, así como outras actividades lúdicas como o Scalextric, que celebraron durante o día de hoxe diversos campionatos e competicións. Destacar o Campionato Megaxove de Minibasket no que participaron máis de vinte equipos de diferentes idades procedentes de toda Galicia e do norte de Portugal.

Te puede interesar