XARDÍN BOTÁNICO

Montealegre aumentou un 38% os seus visitantes no último ano

O xardín botánico presentou este mércores novos obradoiros, que van dende cursos de ioga para fomentar o bo humor, fotografía da natureza, xardinería ecolóxica ou cociña vexetal para cativos

O Botánico de Montealegre vén de presentar a súa oferta de obradoiros para o segundo semestre de 2016. No último ano (marzo 2015/206) foron 9.103 persoas as persoas que foron atendidas no Botánico, un 38'4% máis das que pasaron polas instalacións no ano anterior. “Un dos compromisos deste goberno era poñer en valor o parque de Montealegre”, afirmou José Araújo, concelleiro de Medio Ambiente durante a presentación, “para que mellore a nosa calidade de vida e para facernos máis felices”.

Esta atracción de visitantes estase a conseguir grazas á "dinamización do espazo" con obradoiros coma os que este mércores se presentaron, dirixidos a público adulto -os sábados pola tarde- e tamén ao infantil -domingos pola mañá-. Segundo apuntaba José Méndez, coordinador das actividades, “son gratuítas pero con prazas limitadas, polo que haberá que inscribirse previamente a través da web www.botanicodemontealegre.com. O primeiro dos obradoiros comezará este mesmo 9 de abril, e seguirán até a primeira fin de semana de xuño.

Te puede interesar