Sofás, lavadoras ou neveras: "cazadores de basura" para limpar os montes de Castro Caldelas

photo_camera Parte do "botín" recollido sobre o terreo.
Sofás, colchóns ou lavadoras, entre os centos de kilos de material recollidos

O grupo de Cazadores do Tecor de Terra de Caldelas e o Concello de Castro adicáronse durante este fin de semana á "caza de basura" polos montes deste Concello nunha xornada marcada polo compañerismo e o traballo de recollida de centos de kilos de todo tipo de residuos polos montes e ríos caldelaos.

A recollida comezóu ben cedo e os cazadores cargaban nos seus remolques coas súas mans e a axuda dunha pala retrocargadora do Concello todo tipo de basura: sofás, colchóns, neveras, lavadoras, mobles, bidóns de lata, televisores, plásticos, caldeiros, bicicletas... ata encher unha e outra vez os seus remolques que eran vaciados de xeito selectivo no Punto Limpo de Castro Caldelas.

Esta iniciativa encádrase na colaboración entre o Tecor Terra de Caldelas e o Concello. Nadie mellor que este colectivo que coñece como naide os montes Caldelaos para localizar residuos incontrolados de difícil acceso en moitos casos. Foi unha labor que permite deixar máis limpos os ríos e montes de Castro Caldelas que debido a falta de conciencia ecolóxica de algúns ocasionan gran daño e impacto na natureza.
.

Te puede interesar