Noa Presas defende que "será a voz de todos" no Congreso

OURENSE. 18.12.2015. BARBADAS, MITIN CIERRE CANDIDATURA NOS. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Noa Presas, en el centro de la imagen, en el mitin de cierre de campaña en Barbadás.

A candidata de Nós-Candidatura Galega insistiu en que NÓS considera a Galiza un país con futuro e fortaleza suficiente para saír adiante por si mesmo,

Noa Presas pechou a campaña na Valenzá, falando ante un cento de veciños na Casa da Cultura ante os que se comprometeu a ser no Congreso “a voz das mulleres, das mozas, dos desempregados, das vilas e dos pobos esquecidos, das xentes estafadas polo sistema, como os desafiuzados, os emigrantes retornados, os preferentistas... de todos vós, porque NÓS somos vós. Serémola vosa voz”.

A candidata de Nós-Candidatura Galega incidiu nas propostas que NÓS Candidatura Galega quere defender na próxima lexislatura en Madrid, entre as que subliñou a mellora do funcionamento do transporte en toda a provincia, a tarifa eléctrica galega, as rebaixas fiscais para autónomos e o pequenos comercio e o establecemento dunha pensión mínima de 900 euros.

A candidata insistiu en que NÓS considera a Galiza un país con futuro e fortaleza suficiente para saír adiante por si mesmo, sen tutelas. "Hai quen di que este país non é capaz por si mesmo, eu digo que si, que somos un pais capaz de saír adiante por nós mesmos”, dixo Presas para explicar a continuación que cunha banca pública galega e cunha Facenda propia e a recadación íntegra de todos os tributos, terá a capacidade de decidir por si mesmo.

“NÓS non somos cambio”, advertiu Presas en referencia os lemas de campaña de outras forzas que se presentan como renovadoras. “NÓS somos ruptura”, concluíu antes de pedir o voto para NÓS como “o verdadeiro voto útil en Ourense e en toda Galiza”.

No acto tamén tomou a palabra a deputada Tereixa Paz, que esta mañá no Parlamento galego volveu a reclamar a creación da categoría de bombeiro profesional, proposta que foi rexeitada polo PP, pese a que a medida non supón ningún incremento orzamentario. Tamén se referiu Paz á loita que manteñen os gandeiros e insistiu en que non sacan os tractores á rúa “por vicio”, senón por desesperación.

Tamén participaron o número dous da lista ao Congreso, Xesús Manuel Suárez, presidente do Partido Galeguista, e Fernando Alonso, secretario xeral de Coalición Galega.

Te puede interesar