Noboa e Baltar analizan os modelos de administración

Noboa firma no Libro de Honra da Deputación, na presencia de Baltar.
O ex presidente de Ecuador, Gustavo Noboa Bejarano, visitou onte a Deputación , onde foi recibido polo seu titular, Manuel Baltar, nunha xuntanza que se enmarca na rolda de visitas que está a realizar o exmandatario ecuatoriano a Galicia e á provincia Ourense, de onde é orixinaria a súa familia, concretamente de Maceda.
Durante a xuntanza, Noboa e Baltar analizaron temas de xestión da administración e concretamente dos diferentes modelos de administración local que se empregan na xestión de servizos en Ecuador e España, un tema que, segundo explicou Manuel Baltar, 'está de máxima actualidade nestes momentos' por mor da reforma da Lei de Administración Local.

Baltar convidou a Gustavo Noboa a inaugurar o Libro de Honra da Deputación de Ourense, no cal o ex presidente ecuatoriano expresou a súa gratitude sinalando: 'Gran honor es para mí agradecer con esta firma, y más aún por pertenecer como Noboa a una parte de mi sangre gallega. Honor que transmitiré a mis hijos y nietos. Con gran afecto'.

Te puede interesar