SOCIEDAD

Ourense contará con 17 casas niño

En total o territorio galego contará con 30 casas niño. Máis da metade estableceránse na provincia ourensá.

Galicia contará con 30 casas niño subvencionadas pola Xunta destinadas á atención nenos de 3 meses a tres anos de idade, que empezarán a funcionar no rural "de forma inmediata". Estes establecementos situaranse en concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non hai ningún outro recurso de atención continuada á infancia de 0 a 3 anos.

Ao termo do Consello da Xunta deste xoves, o seu titular, Alberto Núñez Feijóo, concretou que se recibiron un total de 49 solicitudes.

Delas, foron 40 as que cumpriron os requisitos para ser valoradas e se concederon un total de 30 axudas para poñer en marcha ata o ano 2019 outras tantas casas niño, co que se executa totalmente o crédito consignado na convocatoria para o desenvolvemento da experiencia piloto.

A provincia da Coruña contará con casas niño en Cerdido e Frades; Lugo terá un total de sete nos concellos de Begonte, Castroverde, O Corgo, Láncara, As Nogais, Portomarín e Xermade; na provincia de Ourense estableceranse a maioría -17- en Amoeiro, Baños de Molgas, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Entrimo, A Gudiña, Leiro, Lobios, Manzaneda, Maside, Monterrei, Piñor, Porqueira e A Veiga; mentres que as outras casas niño se situarán en Dozón, A Lama, Mondariz e Pazos de Borbén (Pontevedra).

Este recurso pioneiro no ámbito do coidado infantil, para o que a Consellería de Política social destina 2,5 millóns de euros, proporcionará 150 novas prazas.

Axudas

Estes fogares ofrecerán unha atención integral e personalizada con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna de luns a venres.

Esta convocatoria de axudas subvencionará a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa niño, así como o equipamento e dotación material e a gastos de inversión serán de ata o cen por cento dos gastos, cun límite máximo global de por casa niño de 15.000 euros.

A achega por as prestación da atención personalizada consiste nunha prima de 19.600 euros/año, destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andaina.

A convocatoria conta cun presuposto global de 2,5 millóns destinados ao desenvolvemento deste proxecto ata o 31 de decembro de 2019, nun máximo de 30 casas niño.

Te puede interesar