Manuel Baltar destacou en Sevilla a riqueza cultural ourensán

Ourense, protagonista no V Encontro de Provincias

Manuel Baltar y Núñez Feijóo con Juan Ignacio Zoido -tres de la izquierda-, en Sevilla.
Ourense foi unha das provincias protagonistas do V Encontro de Casas Rexionais e Provinciais desenvolvido onte en Sevilla, e dedicado este ano a Galicia. O acto inaugural contou coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e o presidente da Deputación ourensana, Manuel Baltar, destacou as singularidades desta provincia e a súa riqueza cultural e etnográfica. 'Os 92 concellos da nosa provincia, cada un deles coa súa especificidade cultural e histórica, fan que Ourense sexa un exemplo de colaboración e cooperación entre administracións', sinalou.
Co alcalde de Sevilla, Juan Ignacio Zoido como anfitrión, tamén asistiron o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, o secretario de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario de Medio Rural, Tomás Fernández.

Te puede interesar