Ourense é a terceira cidade onde máis se emprega o galego

Ourense 21/6/22
Gente en la calle del paseo,foto crecimiento poblacional

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Fotos Martiño Pinal
Santiago, Lugo e Ourense é o ranking de cidades onde máis se emprega o galego

A caída na fala e escrita do galego na cidade das Burgas é pronunciada, pero, malia iso, é a terceira urbe galega onde máis se emprega a lingua vernácula. Hai 10 anos, logo de Santiago (onde o 52% falaba sempre ou maioritariamente en galego), Ourense, cun 47% de galegofalantes habituais, era a segunda urbe máis proclive a usar a lingua (Lugo tamén tiña un 47%). Unha década despois, esa igualdade rompeu. Na capital galega, o 44% segue sendo maioritariamente galegofalante, pero é a cidade das murallas a que mellor mantén o uso, escalando á primeira posición, cun 44,5% que empregan a lingua galega. 

No caso de Ourense, a caída é brusca, ao derrubarse o uso ata o 33,8%. Malia este descenso, a das Burgas segue a ser unha cidade fortemente vencellada á súa lingua, en comparanza con outras da súa contorna. O exemplo está en Vigo, que é a cidade con menor uso diario do galego, con só o 14,1% dos seus habitantes. Despois, sitúanse Ferrol (16%), A Coruña (20,%) e Pontevedra (23%) no ranquin de uso da lingua propia.

Te puede interesar