O Parlamento de Galicia trae a súa colección de arte a Ourense

Gran ambiente na inauguración da mostra “A nosa arte”, onte en Afundación.
photo_camera Gran ambiente na inauguración da mostra “A nosa arte”, onte en Afundación.

37 obras custodiadas no Parlamento de Galicia viaxan a Ourense nunha exposición itinerante

No Parlamento de Galicia hai oco para a arte: en concreto, preto de 300 obras forman parte dunha colección exquisita que se vai renovando con adquisicións e cesións nos últimos tempos. Un total de 37 pezas viaxaron onte ata Ourense, nunha exposición itinerante coa que a Cámara autonómica quere abrirse á cidadanía, amosando un dos seus prezados tesouros. A elección das obras non é casual: Ourense ten gran protagonismo na colección artística, con nomes coma Xaime Quessada, Acisclo Manzano, Virxilio, Antón Pulido, César Taboada, Ramón Conde… A sala de exposicións Afundación Ourense, na Praza Maior, exhibe ata o 21 de outubro esta escolma que reflicte as tendencias artísticas adoptadas en Galicia en diferentes etapas históricas. Hai catro meses para desfrutar de “A nosa arte” en Ourense.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, sinalou que “a Galicia contemporánea e a nosa autonomía son tributarias da xeración Nós, polo seu exemplo e inspiración”. Os artistas que forman parte da exposición, en palabras de Santalices, “son dignos sucesores daqueles mestres que inzaron Galicia de talento, orgullo, espírito de superación e dun cosmopolitismo que tanto precisabamos”.

Te puede interesar