Pataca de Galicia avanza nunha liña de productos envasados

O Consello Regulador da Pataca de Galicia presentou un proxecto iniciado no ano 2010 co obxectivo de desenvolver unha gama de produtos que permitan usar o producto como un ingrediente importante de produtos listos para o consumo, xa sexa soa, ou en combinación con outros produtos de calidade.
O proxecto, dirixido polo Consello Regulador, baixo a dirección do secretario do Consello, Ricardo Losada Blanco, conta coa colaboración do grupo de Deseño de Produtos e Procesos para o Desenvolvemento Rural da Universidade de Compostela, dirixido polo profesor Enrique Arbones, que actuou como poñente na xornada de divulgación desenvolvida o venres no Hotel Xinzo, e a empresa Droguería Agrícola S.A.

A xornada contou coa participación de produtores, envasadores de pataca así como técnicos relacionados co sector, que expuxeron os resultados acadados ata a data para a pataca pasteurizada e esterilizada en tarro. Tratáronse os estudos de mercado realizados con pequenos consumidores e consumidores colectivos e a análise da canle comercial.

Os resultados parciais do proxecto xa foran expostos na 'International Conference of Agricultural Engineering' celebrada en Valencia en xullo.

Te puede interesar