Voceiro e vicepresidente primeiro da Deputación

Plácido Álvarez Dobaño: ‘As deputacións son necesarias, outro tema é que necesiten adaptarse ós novos tempos’

Plácido Álvarez, durante unha sesión plenaria na Deputación.
Co agradecemento propio da confianza depositada nel e coa lóxica responsabilidade que implica unha nova andaina profesional asume Plácido Álvarez os seus cargos de voceiro do grupo provincial do PP e vicepresidente primeiro da Deputación. Chega, di, con gañas e formación, pero tamén deberá decir adeus as súas labores de secretario-interventor no Concello de Pereiro de Aguiar.
Coa marcha do ata entón voceiro do grupo provincial do PP na Deputación, Rogelio Martínez, á delegación territorial da Xunta en Ourense esperábase o ofecto rebote que ía ter na institución. A súa ausencia requería cambios e así foi, con Plácido Álvarez Dobaño, con nome propio. O deputado provincial, alcalde de Muíños e secretario-interventor do Concello de Pereiro de Aguiar pasou a ocupar a portavocía e tamén a vicepresidencia primeira da Deputación. A nova deuse a coñecer o pasado día 12, pero aínda no se lle viu en faena dado que, dende entón, no tivo lugar ningún pleno provincial.

De deputado a voceiro e vicepresidente primeiro, como asume as súas novas tareas dentro da institución provincial?

É unha responsabilidade moi importante porque estamos en tempos difíciles pola crise e a Deputación xoga un grande papel no desenrolo da provincia. As recentes eleccións autonómicas e o trunfo do PP abren para nós unha nova etapa na relación coa Xunta pois estes últimos anos fumos ninguneados, así que creo que me tocará a min facer un traballo especial aquí porque o presidente terá que adicarse, agora que pode e que nos atenden, a conseguir do Goberno autonómico moitas cousas para Ourense. Eu estarei aí a dispoción de meu presidente e do equipo de goberno.

Que liñas de actuación marcarán a súa nova traxectoria política?


Traballar con Baltar é complicado, no bo sentido, porque é unha persoa que lle adica moitas horas ó seu cargo e quere estar enterado de todo. Eu chego co meu estilo, con moitas gañas e formación. Asumo o cargo e nese papel farei o que se me encargue dende o meu grupo. Agredézolle persoal e políticamente a José Luis Baltar que confiara en min para esta nova responsabilidade, xunto co resto da partido.

Colle peso nunha institución que moitos cren que debe desaparecer. Como valora o papel das deputacións?

Cada un fala de feira según lle convén. O PSOE dixo nalgunha ocasión que deben desapa recer pero debíase referir a que deben desaparecer as gobernadas polo PP, porque dende que eles están ó fronte das deputacións de A Coruña e Lugo parece que mudaron de opinión. Eu son un municipalista de pro e reco ñezo que os servicios que mellor se prestan no Estado son os dos concellos. Pero en Ourense a gran maioría deles son moi pequenos e a Deputación faise necesaria para axudalos a saír adiante. Que deben adaptarse ós novos tempos? Si, pero eso e outro debate, o resto é demagoxia.

Por cuestións de adicación, vai deixar o seu traballo no Concello de Pereiro. Xa ten data?

A miña responsabilidade esíxeme que non deixe de golpe as miñas funcións de secreta rio-interventor en Pereiro. Nestes intres temos en trámite a redacción do PXOM, a ampliación do parque empresarial, a elaboración dos orzamentos de 2009. Non pode abandoar agora, pero marqueime como data para deixar este traballo entre setembro e outubro. En todo caso, será algo consensuado e pactado co meu alcalde e o meu presidente.

En Muíños seguirá todo igual?


En Muíños non vai cambiar nada, teño un equipo de goberno leal, responsable e coas tarefas moi boi repartidas. Seguirei nesa liña aínda que o mellor poda ter que delegar algunhas funcións. A alcaldía seguireina levando eu. Non fun nas listas electorias de tapadillo como dixeron algúns para presentarme el logo abandoar. Mentras poida rematarei a lexislatura que para eso me presentei e para eso me elexiron os veciños.

Xa se fala no grupo provincial de quen vai ser o sustituto de Baltar pois el mismo dixo nalgunha ocasión que chegou o momento de deixar a presidencia do partido?

Nin se falou do tema nin toca falalo. É unha decisión persoal e política de Baltar e do partido e se debatirá no seu momento. José Luis Baltar hoxe é incuestionable na provincia e os seus froitos están aí. Ese debate non toca, agora estamos metidos de cheo na campaña das eleccións europeas, logo chegarán as vacacións e supoño que tras o verán empezarán a chegar os congresos provinciais.

Te puede interesar