O pleno ribadaviense aprobará as axudas escolares

O grupo de gobierno de Ribadavia prevé levar ó próximo pleno ordinario (o último xoves de cada mes) dúas propostas de aprobación de novas ordenanzas municipales. Unha delas regulará a concesión de axudas para a adquisición do material escolar. A ordenanza establece os requisitos que deben cumplir as familias demandantes das axudas e que teñen que ver cos ingresos económicos dispoñibles e número de fillos, entroutros.
Os socialistas tamén presentarán no pleno unha segunda ordenanza para cobrar un canon ás empresas que utilicen a rede subterránea de telecomunicacións, que foi implantando o Concello en varias rúas do casco urbano.

Te puede interesar