O PP insiste: fan falla máis partidas sociais en Ourense

Último pleno del Concello de Ourense
photo_camera Último pleno del Concello de Ourense

O Concello de Ourense deixou sen axudas a 11 entidades sociais inicialmente

A concelleira do PP Noelia Pérez considerou onte  “positivo” que o goberno local aprobase o xoves  unha partida de 787.570 euros en axudas de emerxencia e convenios con entidades sociais, pero incidiu que “non é suficiente para atender todas as necesidades existentes na área social municipal”, polo que anunciou que o grupo popular seguirá demandando “novas partidas para atender estas demandas”.

Noelia Pérez lembrou que os populares xa apoiaron no pasado pleno partidas orzamentarias destinadas a axudas sociais “dentro da nosa política de oposición construtiva, porque non debemos esquecer que o benestar dos veciños debe ser a nosa principal preocupación, sobre todo aqueles que peor o están pasando neste momento de incremento desorbitado dos prezos”.

 “Non estamos dispostos a que se repitan situacións como a sucedida este ano nos centros cívicos, onde as familias quedaron sen actividades de conciliación por falta de previsión desde o goberno local”, precisou.

Te puede interesar