O PP de Ourense rexeita a amnistía para os independentistas

Rosendo Fernández, Manuel Baltar e Ana Villarino durante a rolda de prensa.
photo_camera Rosendo Fernández, Manuel Baltar e Ana Villarino durante a rolda de prensa.
O PP ourensán levará mocións aos concellos para opoñerse á intención de Sánchez 

O presidente do PPdeOU, Manuel Baltar, xunto á secretaria xeral do PPdeOU, Ana Villarino, e o vicepresidente do PPdeOU, Rosendo Fernández, presentaron as mocións que o Partido Popular levará aos plenos dos concellos ourensáns e da Deputación de Ourense, “contra a tramitación dunha lei de amnistía por parte de Pedro Sánchez e para garantir a igualdade de todos os españois”, segundo se puxo de manifesto na presentación. 

Baltar faolu do “clamor existente en toda España por unha cuestión básica e que é imprescindible defender: a igualdade dos españois. Unha cuestión pola que debemos posicionarnos contra esa lei de amnistía de Pedro Sánchez que se sitúa fóra da Constitución”. 

Iniciativas semellantes lévanse a cabo no resto de España e pretenden “defender a Constitución, nunha aposta pola igualdade nun momento de gran incertidume política”. Para Baltar chama poderosamente a atención que o PSOE de Sánchez defina como cuestión de Estado o que é unha traizón ao Estado para manterse no poder”. Sinalou o presidente provincial do PPdeOU como “significados socialistas están falando publicamente desta traizón: ceder ás peticións independentistas e socavar o réxime constitucional”. 

Rosendo Fernández e Ana Villarino explicaron o contido das dúas mocións. Estas, como puntos principais, prantexan unha proposta de acordos para “rexeitar calquera tipo de amnistía ou indulto xeralizado”, “considerar o imperio da lei como a expresión da vontade popular” e “animar aos dous partidos maioritarios a buscar acordos de Estado que eviten que a sociedade española véase sometida ás condicións ilegais de partidos independentistas”. 

Te puede interesar