Preto de 3.000 veciños beneficiaranse da mellora de catro pistas en Pereiro

Obras no acceso a Xuvande.
photo_camera Obras no acceso a Xuvande.

As parroquias de San Xoán, San Salvador, Covas-Santa Marta e Sabadelle verán nos próximos días completadas as obras de mellora dos seus camiños rurais que está acometendo estes días o Concello de Pereiro de Aguiar en colaboración da Xunta. A inversión total efectuada por ámbalas dúas administracións supera os 110.000 euros e ven a “completar as actuacións realizadas en pasados exercicios”, indica o alcalde, Luis Menor, que subliña que é “un obxectivo prioritario da actuación deste goberno”.

“Xunto con actuacións en vías urbanas, cada vez mais importantes, temos necesidade de seguir actuando en pistas agrícolas e forestais con fin de mellorar os servizos das mesmas e por outro lado cumprir co fomento da mobilidade sostible  e favorecer tamén a prevención e  extinción de incendios tan necesaria sempre pero mais en situacións tan desfavorables como as que vivimos”, explica o rexedor.

Concretamente, xa está finalizada a obra do acceso a Rivela (na parroquia de San Xoán), que beneficia a máis de 850 veciños; e estase actuando no camiño da costa da Vela (na parroquia de San Salvador de Prexegueiro); na pista de Cebreiros a Boeiros e que conecta dous núcleos que suman 2.000 habitantes e “servirá tamén de cortalume”; e na de acceso a Xuvande (na parroquia de Sabadelle), ademais doutras actuacións de menor envergadura noutras pistas forestais e agrícolas en colaboración coa Deputación. 

Te puede interesar