BARBADáS

Xosé Carlos Valcárcel: “O primeiro obxectivo é revitalizar proxectos dotacionais como o
 do centro de saúde”

OURENSE. 13.06.2015. BARBADAS, PLENO DE INVESTIDURA DE XOSE CARLOS VALCARCEL. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Xosé Carlos Valcárcel, durante la toma de posesión del pasado sábado.

O socialista,  novo alcalde de Barbadás, gobernará o quinto municipio con máis poboación da provincia

O socialista Xosé Carlos Valcárcel é, desde o pasado sábado, novo alcalde de Barbadás. Ao longo dos próximos catro anos gobernará o quinto municipio con máis poboación da provincia, xunto co BNG e co permiso de Compromiso por Barbadás. Onte empezaba a traballar nos que son os seus obxectivos prioritarios.

A qué adicou o primeiro día na alcaldía?

Fundamentalmente, coa secretaria e a responsable de persoal, a organización e decretos como os da xunta de goberno local ou o reparto de áreas, e tamén visitando dependencias municipais.

Cales son os principais obxectivos marcados?

Os primeiros obxectivos son revitalizar e redinamizar os proxectos fundamentais de dotacións para Barbadás, como o centro de saúde, un centro de día público, o instituto e unha segunda gardería infantil. Outro aspecto moi relevante é poñer en valor o comercio local e mellorar o transporte público con algún tipo de transporte interior, e crear emprego, así como atender aos nosos maiores. Tamén temos que revisar certas taxas moi onerosas para o comercio. E, se é posible, tentaremos revisar algunhas taxas respecto daqueles veciños que estean en risco de exclusión social e intentar que o pago dos impostos se poida fraccionar.

E a min preocupame moito que este é un municipio con moita poboación inmigrante e creo que debemos ser un lugar de integración e de respeto a outras culturas, debemos fomentar a igualdade, a participación veciñal e a solidariedade.

Eses grandes proxectos dotacionais non dependen só do Concello.

Creo que as tres administracións, Concello, Diputación e Xunta, debemos velar polos intereses dos veciños por riba da cor política que goberne cada municipio. Barbadás é o quinto concello da provincia por número de habitantes e, polo tanto, debe ter unha atención específica para resolver esas carencias. Non pode ser que teñamos 11.000 veciños e non contemos cun centro de saúde en condicións.


No pacto asinado co BNG apóstase polo cooperativismo

Eu creo que o cooperativismo ten una forte raíz na provincia, como o demostra o nacemento de Coren, permite crear emprego con características máis sociais e facer partícipe ao socio do que é a acción real da empresa; é un modelo que se pode seguir. En canto aos sectores, habería que analizalo, pero o agro pode ser un deses sectores, e o da dependencia.

Tamén apuntou a aposta pola revitalización do comercio.

Os comerciantes teñen que unirse e presentar ideas que poidan ser postas en marcha polo Concello, que non pode dirixir o comercio, aínda que si fomentar o asociacionismo. A formación debe ser tamén importante neste eido.

Teme que este goberno entre PSOE e BNG non funcione, como ocorreu noutros municipios?

Non, hai que ter en conta que este non é un goberno bipartito senón de coalición, é un goberno compartido. No noso país non existe prácticamente experiencia deste tipo de gobernos, pero en Europa, en Alemania, Suecia o Austria, mostráronse útiles para fomentar consensos e aportar ideas. Os gobernos de coalición, habendo confianza mutua, que a hai, non teñen por que ir mal. Eu estou convencido de que este goberno integrador será moi beneficioso para o municipio e os seus veciños.

Te puede interesar