RESUMO | INCIDENCIAS

As 14 actuacións da Policía Local en Ourense a causa da borrasca Ana

Problemas co alumbrado de Nadal, ramas caídas e ventás abertas polo vento nalgúns edificios da cidade; as principais incidencias que atenderon os axentes

A Policía Local atendeu un total de 14 incidencias en Ourense rexistradas dende primeira hora da mañá a causa da borrasca Ana, segundo informa nun comunicado. Estas actuacións están actualizadas ata as 21,00 horas

En canto ás actuaciones matutinas, dende l Policía Local destacan as seguintes:

1) Un enganche solto do arco luminoso do alumbrado navideño, na rúa do Paseo. 

2) Unha ventá de gran tamaño na planta baixa da delegación de Facenda abriuse por mor do vento e avisouse á empresa de seguridade. 

3) Na avenida de Zamora, un vallado de Viaqua caeu polo vento. 

4) Tamén na avenida de Zamora, outro vallado de obra quedou tirado por causa dos refachos de vento.

5) Na praza de La Legión tiveron que intervir os bombeiros tras caer unha árbore sobre un vehículo. 

6) No edificio Torre, unha ventá aberta por mor do vento. Avisouse ao servicio de mantemento do hotel.

Xa pola tarde, ata as 21,00 horas, a Policía Local informa das seguintes actuacións:

7) A liña do tren das Termas tivo que ser suspendida pola tarde debido á caída de pólas sobre a pista vermella. Os bombeiros foron avisados para que retirasen as polas e a Policía Local indicoulle ao conductor que a liña quedaba suspendida por precaución.

8) En Saceda, os bombeiros informaron da retirada dunhas pedras da calzada na estrada que une o Pazo de Ramirás con Palmés. Debido a que unha das pedras era de gran tamaño foi precisa a intervención da Concellería de Infraestruturas, que a retirou da calzada.

9) En San Mamede (Velle) foi precisa a intervención dos bombeiros para retirar unha árbore que estaba inclinada sobre a estrada.

10) Na avenida de Portugal caeu o cartel dun establecemento sobre a beirarrúa, sen producir danos persoais. Avisouse ao Servizo de Limpeza para retirar os trozos do cartel escachado.

11) Unha rama caeu na entrada da zona infantil de xogos do parque de San Lázaro. Non foi precisa a intervención dos bombeiros porque a póla era de pequeno tamaño.

12) Foi preciso avisar aos bombeiros para que retirasen unha farola da rúa San Mamede que estaba a piques de caer sobre a beirarrúa.

13) Foi preciso avisar á empresa instaladora do alumeado de Nadal por risco de que se soltasen unhas luces na rúa da Inmaculada.

14) Na Avenida de Pontevedra, trala valoración dos bombeiros logo do aviso do responsable da obra, ampliouse un metro máis a zona de seguridade vallada na obra que se está acometendo nun edificio que está demolido e que só conserva a fachada.

Te puede interesar