UNIVERSIDADE

Un proxecto de Ourense ensina aos cativos a ler as etiquetas dos alimentos

Os talleres correron a cargo de alumnado do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
photo_camera Os talleres correron a cargo de alumnado do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Un proxecto ensina a escolares a ler as etiquetas dos produtos alimentarios para poder escoller os máis saudables

As cifras da obesidade supoñen un serio problema de saúde pública, “especialmente grave” na poboación infantil (onde afecta a 4 de cada 10 nenos e nenas) e na poboación adolescente (onde afecta a 3 de cada 10 persoas). Neste contexto, as profesoras e investigadoras do campus de Ourense Raquel Rial e Beatriz Cancho veñen de desenvolver un proxecto de aprendizaxe-servizo no que o alumnado do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos da Facultade de Ciencias da UVigo explicou a escolares de Educación Primaria como ler as etiquetas dos produtos alimentarios para poder escoller os máis saudables.

A obesidade, tal e como comentan Raquel Rial e Beatriz Cancho, dificulta o crecemento saudable debido ás súas importantes consecuencias físicas, mentais e sociais para a súa saúde, que poden afectar tanto na infancia como na adolescencia e idade adulta. Segundo explican, no Plan Estratéxico Nacional para a Redución da Obesidade Infantil (2022-2030) apóstase por promover contornas máis saudables, con especial foco na contorna escolar. “Os centros educativos deberían ser centros promotores de saúde, xerando un ecosistema social promotor dunha alimentación saudable e creando un cambio cultural cara estilos de vida saudables”, afirman.

Te puede interesar